Espectáculo de monicreques no Saviñao

RibeiraSacraXa
O Saviñao realizará, este sábado 15 de maio as 20:00 horas, un espectáculo de monicreques de mesa titulado A viaxe de Rosalía.
cartel rosalia savinao
13 Maio 2021

O Saviñao realizará, este sábado 15 de maio as 20:00 horas, un espectáculo de monicreques de mesa titulado A viaxe de Rosalía. A duración da actuación será de 45 minutos aproximadamente e realizarase no auditorio municipal de Escairón, situado na rúa Doutor José Portela, 8.

O autor desta obra é Lucho Penabade Outeiro e o espectáculo está recomendado a un público infantil maior de 6 anos.

Dende a organización recordan que se tomarán as medidas sanitarias correspondentes para a seguridade dos asistentes.

cartel rosalia de castro savinao
0.15572500228882