Espectáculo de monicreques este mércores en Quiroga
O vindeiro mércores día 8 de setembro Quiroga acolle no Parque da Constitución (e se chove na Casa da Cultura) o espectáculo infantil de monicreques Camiños de Aventuras, a cargo da compañía Títeres Cachirulo e financiado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
A montaxe amosaranos unha serie de personaxes vinculados á tradición. Deste xeito, personaxes como Don Gaiferos, a Raíña Lupa, a Raíña Isabel de Castela ou o mesmo Demo Lucifer, daranse cita neste espectáculo que vencella os títeres co Camiño de Santiago.
Trátase dunha aventura que comenzou fai uns cinco centos anos, cando, nun lugar do Camiño, o peregrino Gaiferos atopouse co Demo, que o desafiou ao Xogo da Oca. Como rematará esta historia poderano ver todos os nenos e nenas que se acheguen ata o parque da Constitución o día 8 a partir das sete da tarde.