Escairón celebra o festival Música na rúa
Escairón, no Saviñao, acolle o festival Música na rúa, que se levará a cabo dende o 30 de xullo ata o 3 de agosto. A localización onde se vai a realizar é en Fión, a 3 kilómetros de Escairón, nunha zona ao aire libre e con amplo espazo para albergar a toda a xente con seguridade.
O festival comezará coas actuacións de Rojuu, Pedro Ladroga, Juicy Bae, Jaunx, Stivijoes, Miguel Grimaldo, Señor V e Fedeosquiere. Unha xornada chea de actuacións musicais na que primara o xénero trap do momento.
Así mesmo, ao longo dos días continúan as actuacións de grandes nomes importantes tanto a nivel nacional coma internacional, entre os cales se encontran Chico Blanco, EQX, Nuca, Dark Moon, Brenda, Methone, Solar Corona Elektrische machine, Rarek, La Plata, Meneo, Quentin gas, Fábrica de espejos, entre moitos máis artistas. Os xéneros que predominan, aínda que non son os únicos, son o rap e o trap.
Desta maneira, todos aqueles interesados poderán disfrutar duns días cheos de actuacións musicais de calidade, cun bo ambiente e coas medidas de seguridade sempre presentes para poder levar a cabo un festival seguro á vez de atractivo.
Para máis información ou para a adquisición de entradas, pódense consultar as redes sociais da sala Avenida Escairón ou chamar ao número de teléfono 982 45 21 41.