Entrevista: “Gustaríame que Quiroga continuara sendo o centro neurálxico da comarca”
Coñecemos a Julio Álvarez Núñez, alcalde do concello de Quiroga.
¿Que lle gustaría que os seus veciños viran en vostede como alcalde?
Sinceramente, gustaríame que me viran como un veciño máis do pobo. Tócame a min recoller as súas inquietudes e as necesidades entón dentro do que podo intento satisfacelas. Non son nada máis ca un veciño que me toca a responsabilidade de ser o representante de todos eles ante as outras Administracións.
¿Que filosofía lle transmite ao seu equipo de goberno para afrontar día a día o servizo aos cidadáns?
Nós somos os representantes dos veciños, é como unha comunidade de veciños dun edificio, hai un presidente que ten que defender os intereses dos veciños. Os concelleiros e o alcalde defendemos os intereses da colectividade, non somos nin deuses nin sabios, estamos para defender os intereses de todos sempre e cando teñamos recursos e tamén estamos para pedir eses recursos as outras Administracións para que nos atendan.
Estou moi orgulloso de representar aos meus veciños e é o que lles transmito día a día ós meus concelleiros, que somos representantes da vontade popular. Non somos deuses e temos que facer o que poidamos, milagres non facemos e ninguén nolo pode pedir.
¿Ten actualmente o concello algún proxecto en marcha que queira destacar?
O maior proxecto que temos en Quiroga é seguir coa calidade de vida que temos nestes momentos, é importantísimo, manter o nivel que temos agora.
Temos que sacar adiante tres proxectos que xa están presupostados. A praza Rúa Lago; A rúa do Cuartel, a única na provincia de Lugo que se fai desta envergadura e un Cemiterio Municipal.Estes son compromisos que imos facer con toda seguridade.
¿Como lle gustaría que fora Quiroga nun futuro?
Gustaríame que Quiroga continuara sendo o centro neurálxico da comarca, prestándolle todo o noso apoio administrativo e de servizos o resto dos concellos irmáns, compañeiros e socios do Xeoparque. Si nos necesitan, aquí estamos.