Documental sobre Xela Arias no Folgoso do Courel

RibeiraSacraXa
O salón de actos do edificio do Concello de Folgoso do Courel acolle este sábado a proxección do documental Xela Arias, Poeta nas marxes.
xela arias
21 Maio 2021

O salón de actos do edificio do Concello de Folgoso do Courel acolle este sábado a proxección do documental de Beatriz Pereira Xela Arias, Poeta nas marxes. O evento realizarase ás 19 horas e terá unha duración dunha hora.

No día de hoxe, venres, o documental xa foi proxectado en Sarria e, tras facelo no Folgoso de Courel, recorrerá 28 municipios máis de toda Galicia. A finalidade é conmemorar as Letras Galegas ao longo do ano, así como difundir a figura e a vida da autora, editora e docente por diferentes lugares de Galicia.

Pódese facer reserva previa para asistir nos teléfonos 982 433 001 e 722 245 979.

xela arias folgoso
0.098637104034424