Derradeiros días para poder visitar a mostra ‘Destino. Unha peregrinación de Manuel Valcárcel’ na Pobra de Trives

RibeiraSacraXa
Estará aberta ao público ata o vindeiro luns, 30 de xuño
expo-trives-afundacion-destino
26 Jun 2025

A mostra ‘Destino. Unha peregrinación de Manuel Valcárcel’, pode visi-tarse na Pobra de Trives ata o vindeiro 30 de xuño, grazas á colabora-ción entre Afundación, a Obra Social de ABANCA, e o Concello.

‘Destino’ amosa catro peregrinacións en catro países de catro conti-nentes, alicerzándose na fotografía documental como ferramenta na-rrativa e contando distintas historias unidas por un mesmo sino. Con-cíbese esta expedición como unha viaxe en espiral de seres humanos unidos e guiados polo destino, na busca de respostas a preguntas uni-versais que nos atinxen a todas as persoas do mundo.

Á súa vez, esta exposición realiza a súa particular viaxe polas diferentes localidades de Galicia nas que se mostra dentro do programa «Corren-te cultural», que permite a Afundación programar actividades cultu-rais, grazas á colaboración cos concellos e con ABANCA.
Nas catro peregrinacións do fotógrafo galego Manuel Valcárcel se nos fala de familia, de emigración, de envellecemento, de sostibilidade e de fogar, grandes temas da humanidade que nesta exposición afloran a través da viaxe interior e física de Valcárcel, e das súas potentes imaxes cargadas de emoción, vida e cor.

‘Destino’ amosa catro peregrinacións en catro países de catro conti-nentes ―O Tíbet, Senegal, México e Galicia―, alicerzándose na fotogra-fía documental como ferramenta narrativa e contando distintas histo-rias unidas por un mesmo sino.

⚙ Configurar cookies
0.15534210205078