Decenas de persoas participaron este domingo nunha xornada de piragüismo grazas ao programa “Descubrir Quiroga”

RibeiraSacraXa
Os participantes gozaron dunha experiencia de natureza e aventura polos ríos Lor e Sil
piraguismo-quiroga
1 Sep 2025

O programa de dinamización turística “Descubrir Quiroga”, impulsado pola Concellería de Turismo en colaboración coa Deputación de Lugo, segue a sumar actividades para dar a coñecer o patrimonio natural e cultural do municipio.

Este domingo tivo lugar unha nova cita na que os asistentes gozaron dunha xornada de piragüismo nos ríos Lor e Sil, xusto no espectacular inicio dos canóns do Sil, en Augas Mestas. Durante tres horas, os grupos percorreron o tramo no que conflúen os dous ríos, vivindo unha experiencia de natureza e aventura nun dos enclaves máis singulares da Ribeira Sacra.

A seguinte proposta do programa terá lugar o domingo 7 de setembro co roteiro “O Camiño da Encomenda”, que partirá do Castelo dos Novaes ata a igrexa de Santa María da Ermida. A ruta, guiada por Iván Álvarez da empresa Coureleando, combinará camiñada, interpretación do patrimonio e unha cata de aceite de Quiroga no centro social da Ermida.

As actividades son gratuítas pero con prazas limitadas. As persoas interesadas deben inscribirse previamente na Oficina de Turismo, chamando ao 982 43 51 25 ou a través do correo turismo.quiroga@eidolocal.es.

⚙ Configurar cookies
0.23387312889099