Coureleando abre as inscricións para anotarse nas rutas para ver o eclipse total e as Perseidas 2026

Coureleando organiza de cara ao vindeiro mes de agosto de 2026, dúas rutas guiadas para ver o eclipse total de Sol e as perseidas en plena serra do Courel.
No caso da observación do eclipse, as persoas participantes poderán gozar dunha ruta de dificultade media de 8,5 quilómetros e 450 metros de desnivel positivo que partirá do Couto ata as fontes da Rogueira, para subir despois a Formigueiros, dende o se contemplará este fenómeno único.
Para ver as perseidas, a ruta será de dificultade baixa e discorrerá pola contorna do Taro Blanco Amor, por terreos aptos para camiñar de noite e puntos de observación do ceo nocturno.
Ademais, Courelando ofrece unha churrascada optativa nos Eidos, na Ferreiría Nova de Seoane, cun prezo de 22 euros por persoa.