Continúan as XXXIII Xornadas da Rota do Románico en Pantón
O domingo 26 de xuño acontecerán as últimas actividades dentro da rota do románico de Pantón.
Logo de que este 24 de xuño, ás 20.00 da tarde, se puidese gozar dunha conferencia impartida por Javier Gómez Vila, doutor en arqueoloxía e historia antiga na Casa de Cultura, o domingo rematarán estas xornadas da Rota do Románico de Pantón cun concerto. O grupo de cámara Cuarteto de Provenza poñerá música ás 19.00 da tarde e englobarase dentro da X Edición de Sinfonía no mosteiro, que terá lugar no claustro do mosteiro cisterciense de Ferreira.
Os encontros pecharanse logo de estar activos desde finais de maio. Dentro do seu programa de actividades, pasaron por el o grupo vocal lucense Solo Voces ou Sandra Piñeiro Pedreira, historiadora e investigadora da Universidade de Santiago, a cal deu unha conferencia chamada: A cultura escrita nos mosteiros da Ribeira Sacra (séculos XI-XIII).
Tamén se presentou o libro de Carlos Rodríguez Dacal, doutor en bioloxía e botánico, titulado El ciprés del monasterio del Divino Salvador de Ferreira de Pantón. Asemade, Vicente Feijoo Ares, licenciado en filoloxía galego-portuguesa e coordinador del seminario de toponimia de la Real Academia Galega, impartiu unha charla baixo o título: Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra. Descubre como salvagardalos.