Continúan as rutas pola parroquia de Chouzán en Carballedo

RibeiraSacraXa
O Concello de Carballedo recorda que tan só quedan tres semanas de rutas polo concello. Estas rutas celébranse os domingos.
carballedo igrexa
26 Sep 2021

O Concello de Carballedo recorda que tan só quedan tres semanas de rutas polo concello. Estas rutas están organizadas por Mais que Romanico e realízanseno Concello de Carballedo os domingos.

A hora a que comeza é as 10.30 horas e o punto de encontro é diante da casa do Concello de Carballedo, na Barrela. A ruta é unha volta a pé por Chouzán -unha ruta de aproximadamente 3 kilómetros cunha dificultade media- na que se poderá coñecer a historia desta parroquia, situada á ribeira do Miño.

Esta conserva a súa estructura orixinal cargada de elementos etnográficos e naturais, o que nos axudará a entender os modos de vida e costumes da Ribeira Sacra. A visita rematará na igrexa románica de Santo Estevo de Chouzán, antigo mosteiro benedictino, trasladado do seu emprazamento orixinal tras a construción do encoro dos Peares.

Así pois, todas as persoas interesadas teñen que chamar ao número de teléfono 646 533 229 para inscribirse. Ademais, dende a organización sinalan que se levarán a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes.

chouzan carballedo ruta

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19009900093079