Continúa o programa cultural da XXII Mostra de artesanía Artelemos en Monforte
A mostra que se converte na antesala das festas patronais da cidade, celébrase na rúa Cardenal de Monforte de Lemos ata maña día 9. Nela participan 23 profesionais da artesanía, provintes da comarca de Lemos, así coma outros puntos de Galicia e de España.
A tenente de alcalde do concello de Monforte, Gloria Prada, inauguraba a XXII Mostra de artesanía Artelemos 2022 acompañada por diversos membros do equipo de Goberno e da corporación municipal.
Trala inauguración, tivo lugar a actuación musical do grupo municipal de Gaitas do concello e a comitiva de autoridades visitou os diferentes stands que compoñen a mostra.
O horario da Mostra Artelemos será pola mañá de 10 a 14 horas e pola tarde, de 18 a 22 horas.
O concello destinou un orzamento de arredor de 12.000 euros para a organización desta 22ª edición de Artelemos, unha mostra consolidada que aposta pola artesanía
Artelemos é o escaparate dos pequenos obradoiros artesanais que están a traballar no noso territorio rural, espallados por toda a xeografía galega, e que gardan a identidade de oficios tradicionais conxugándoa con tendencias actuais.
“Con esta Mostra”, explica o alcalde José Tomé Roca, “contribuímos a dinamización dos oficios e dos produtos artesanais locais, o que nos serve tamén para reforzar a promoción turística tanto de Monforte, como da comarca de Lemos e a Ribeira Sacra no seu conxunto”.
O obxectivo de Artelemos é achegar a artesanía local á xente na rúa, unha artesanía tradicional, e tamén máis moderna, cunha ampla variedade de disciplinas artesanais que os clientes esperan atopar: coiro, cestería, barro, olería, pintura, complementos, xoiaría, xoguetería, cerámica … En definitiva, unha inmellorable ocasión para atopar pezas únicas e de gran calidade, xa que todos os artesáns participantes contan con acreditación profesional.
Na Mostra haberá diferentes obradoiros para nenos e nenas; estas actividades, que son un complemento á propia Mostra, organízanse ano a ano porque sempre acadaron un notable éxito entre o público asistente.
PROGRAMACIÓN
Luns 8 de agosto:
10.00 horas - Apertura de Stands de venda
12.00 a 14.00 horas - Demostración Obradoiro de Encaixe de palillos. Artesá: Sesé Vila
18.00 horas - Apertura de Stands de venda
19.00 a 21.00 horas - Demostración Obradoiro de Encaixe de palillos. Artesá: Sesé Vila
Martes 9 de agosto:
10.00 horas - Apertura de Stands de venda
12.00 a 14.00 horas - Demostración Olería tradicional da Ribeira Sacra. Artesán: Tomás López
18.00 horas - Apertura de Stands de venda
19.00 a 21.00 horas - Demostración Olería tradicional da Ribeira Sacra. Artesán: Tomás López
19.00 a 21.00 horas - Obradoiro de Olería para nenos/as. Artesá: Otilia Arias