Continúa aberto o prazo de inscrición das Escolas Deportivas de Chantada

RibeiraSacraXa
Continúa aberto o prazo de inscrición das Escolas Deportivas de Chantada para esta tempada do 2021 - 2022.
escolas deportivas chantada
15 Oct 2021

Continúa aberto o prazo de inscrición das Escolas Deportivas de Chantada para esta tempada do 2021 - 2022. Así pois, dende o Concello informan que se ofertan deportes para as diferentes idades e grupos: para rapaces, para adultos, para xubilados e deportes adaptados.

No primeiro grupo, poderase escoller entre 18 actividades diferentes para rapazas e rapaces entre as que se atopan: fútbol sala, fútbol, xadrez, bádminton, tenis de mesa, multideporte, patinaxe, baloncesto, ximnasia rítmica, escola de porteiros, psicomotricidade, atletismo, bailes de salón, pádel, patinaxe artística, tenis e natación.

Nos deportes para adultos a oferta de deportes é: fútbol sala, bádminton, sendeirismo, baloncesto 3×3, fútbol 11, tenis, ximnasia suave, xadrez, bailes de salón e educación física.

Finalmente, nos deportes para xubilados atópase a ximnasia suave, o bádminton, o sendeirismo e a ximnasia especial e, haberá unha actividade adaptada para Asdeme.

O 30 de novembro remata o prazo para inscribirse. Así mesmo, para realizar as inscricións ou para máis información pódese visitar calquera oficina municipal e na oficina do pavillón municipal (luns de 19.30 horas a 20.30 horas e xoves de 20.30 a 21.30 horas) ou tamén chamando ao 616 53 33 39.

cartel escolas deportivas chantada
0.16271018981934