Continúa aberta a exposición fotográfica Matrias illadas no Courel

RibeiraSacraXa
A Fundación Uxío Novoneyra (FUN), no Concello de Folgoso do Courel, acolleu a inauguración do proxecto Matrias illadas.
Courel exposicion matrias illadas
28 Out 2021

En consonancia cos seus obxectivos fundamentais, a promoción de actividades poéticas e plásticas e máis a dinamización da cultura galega, a Fundación Uxío Novoneyra (FUN), no Concello de Folgoso do Courel, acolleu a inauguración de Matrias illadas, proxecto artístico multidisciplinar artellado por Neves Seara, artista plástica e performer, xunto a Tamara Andrés, poeta, tradutora e investigadora.

A exposición fotográfica que vertebra o proxecto instalouse na Casa-Escola de María Mariño, rehabilitada no ano 2018 por solicitude da FUN, entidade que a custodia. O venres pasado, ademais da apertura da exposición, tamén se presentou o libro que integra o proxecto.

A exposición poderá visitarse ata o luns 1 de novembro no seguinte horario: venres de 16 a 19 e sábados, domingos e festivos de 11 a 14 e de 16 a 19. Contactando coa Fundación Uxío Novoneyra tamén é posible organizar visitas grupais os luns.

Así pois, Matrias illadas é un proxecto realizado ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022, promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Courel exposicion
0.22714996337891