Completada a reforma do tellado do Pavillón Municipal de Quiroga

O Concello de Quiroga rematou hai uns días a reforma do tellado do Pavillón Municipal, onde se instalou un novo panel sándwich de dobre lámina de aceiro.
Esta reforma busca adaptar o pavillón ás esixencias actuais, mellorando o confort grazas aos avances tecnolóxicos nos sistemas de cubrición e illamento. Deste xeito, garántese unha instalación deportiva máis cómoda e un servizo público de calidade acorde coas necesidades actuais.
Os traballos consistiron no illamento da cuberta de 1.450 m², co obxectivo de acadar un aforro económico e unha maior eficiencia enerxética. O orzamento da obra ascendeu a 66.370 euros, financiados pola Xunta de Galicia.