Comezan os traballos de reparación na LU-P-4103 en Pantón tras o derrubamento dunha ladeira

RibeiraSacraXa
A Deputación de Lugo inviste 600.000 euros nas actuacións, que consistirán na retirada de terra e pedras da calzada e as marxes, a creación dunha bancada para estabilizar a ladeira e o acondicionamento do firme
LU-P-4103-panton
27 Mar 2026

A Deputación de Lugo vén de iniciar os traballos de reparación na estrada LU-P-4103 ao seu paso polo concello de Pantón, tras o derrubamento dunha ladeira provocado polas intensas chuvias do pasado mes de febreiro.

Os traballos foron adxudicados á empresa TA Isidro Hnos Blanco Trigo e centraranse no punto afectado, situado á altura do quilómetro 2 da vía, na conexión entre Ferreira de Pantón e encoro de Santo Estevo.

O investimento estimado para acometer estas actuacións, que prevén estar rematadas nun máximo de tres meses co obxectivo de restablecer a circulación na vía con total garantías de seguridade para os usuarios e usuarias, ascende a 600.000 euros.

Dende a institución provincial explican que se trata dunha actuación de carácter complexo que require a retirada de grandes cantidades de terra e pedras acumuladas sobre a calzada e as marxes da vía. Para garantir a estabilidade do talude e previr novos desprendementos, o proxecto inclúe a creación dunha bancada intermedia que reduza a pendente da ladeira, ademais do acondicionamento do firme danado pola caída de materiais. Durante a execución da obra realízase un seguimento técnico continuo da ladeira, incluíndo voos con dron antes e despois das intervencións para medir o material retirado e supervisar os cambios no talude, garantindo así a máxima seguridade durante todos os traballos.

Ademais, antes, a intervención, foi necesario realizar unha avaliación exhaustiva da zona, que presentaba un risco elevado de novos desprendementos e, para poder actuar con seguridade, o persoal técnico tivo que expropiar os terreos adxacentes á estrada e cumprir todos os requisitos legais e técnicos necesarios para acometer a obra de maneira segura e eficaz.

0.12368702888489