Comezan as obras de mellora na contorna do Centro de Saúde de Trives

RibeiraSacraXa
Os traballos céntranse na reparación do firme e na renovación das tubaxes
obras-acceso-centro-de-saude-trives
5 Nov 2025

O Concello da Pobra de Trives vén de iniciar as obras de mellora na contorna do Centro de Saúde, cunha actuación centrada na reparación do firme e na renovación das tubaxes da zona.

Os traballos inclúen a substitución das instalacións soterradas e a reparación integral do pavimento, co obxectivo de modernizar os servizos e garantir unha maior seguridade e comodidade para a veciñanza.

Dende o Concello advirten á veciñanza que, durante o tempo que duren as obras poderán rexistrarse pequenas afectacións ao tráfico, das que se informará con antelación para minimizar molestias.

Con esta intervención, o Concello busca deixar totalmente renovado o acceso ao Centro de Saúde, mellorando tanto a súa funcionalidade como a imaxe urbana desta área.

⚙ Configurar cookies
0.069553852081299