Comeza unha nova edición do Carballedo de Tapas

O Concello de Carballedo pon en marcha unha nova edición do Carballedo de Tapas, que este ano conta coa participación de sete establecementos de hostalaría e que se levará a cabo entre desde este vernes, 4 de xullo, até o día 20 de xullo.
Así, os días 4, 5 e 6 de xullo ofreceranse tapas no bar O Xugo, nos Peares, mentres que os días 11, 12 e 13 os locais participantes serán o Luscofusco, Hotel Restaurante Rio Bubal, Berrello, Calviño, na Barrela e na Estivada. Por último, os días 19, 20 e 21, o concurso chegará a os establecementos Os Roxos e Galleiro, na Tolda. Todas as tapas terán un prezo de 2 euros.