Cinco centros educativos de Monforte representarán obras de teatro polo XXX Certame Municipal de Teatro
O Concello de Monforte organiza o XXX Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte, a través da Concellería de Cultura, que contará coa participación de cinco centros educativos coas súas respectivas cinco obras de teatro.
As cinco obras representaranse do 25 de abril ao 3 de maio de 2023 ás 20.00 horas no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, como é habitual.
Participantes e datas da representación da obra
- Colexio P. Ferroviario, coa obra “Máxico mundo de Oz”, o martes 25 abril de 2023.
- CEIP A Gándara, coa obra “Acabouse a función”, o xoves 27 de abril de 2023.
- IES Río Cabe, coa obra “Auga”, o venres 28 de abril de 2023.
- CEIP de Monforte, coa obra “O mundo ó revés”, o martes 2 de maio de 2023.
- IES A Pinguela, coa obra “Ser máis relaxada”, o mércores 3 de maio de 2023.
Colaboración do Concello de Monforte co Certame
O Concello colaborará cos centros de ensino participantes aportando material para a realización da obra por unha cantidade máxima de 100 euros.
Os premios consistirán na gravación en DVD das obras representadas que serán entregadas ós centros participantes, así como dun diploma acreditativo para cada un dos participantes.
A entrega de premios será no Salón de Actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o 10 de maio ás 18.00 h.