Chega unha nova cita do Sacra Festival a Chantada
Continúan as actividades, concertos e catas do Sacra Festival esta fin de semana.
A xornada comezará co obradoiro de cinema, do 6 ao 8 de agosto. Está impartido por Oliver Laxe, director de cine premiado no Festival de Cannes e coñecido, especialmente, pola súa obra O que arde.
O día 7 de agosto, as adegas Via Romana acollen cinco actuacións diferentes para desfrutar e vivir unha xornada completa e variada. O primeiro espectáculo virá da man da Compañía 5S, ás 19 horas. Trátase dunha sociedade que pretende profesionalizar a arte en comunidade e normalizar así a diversidade funcional. Escoitar a xente de diferentes culturas, crear redes con outros proxectos e plataformas e unir a todos a través da creación. Un espectáculo único do que se poderá gozar nas adegas Via Romana.
Xa ás 20 horas, será o tuno de Surma, que ofrecerá un concerto no que explota ambientes sonoros e fronteiras entre xéneros musicais. A continuación, ás 21.30 horas, levarase a cabo a cata Istorias, unha cea-cata que acompaña as actuacións musicais do Festival e que está dirixida por Roberto Regal. Él explicará tres proxectos vitivinícolas, onde se conectará con espazos, cultura e xentes da Ribeira Sacra.
Posteriormente, ás 23 horas, Carballolandia acollerá o concerto do Niño de Elche no que se desfrutarña dunha música diferente, chea de sentimento e emoción. Para finalizar a xornada, ás 00.00 horas farase unha festa de peche na que primará a música electrónica e que terá un aforo máximo de 150 persoas.
O domingo 8 de agosto, a xornada comezará pola mañá -ás 12 horas- co Pequeno Sacra, unha actividade dirixida aos máis pequenos na que se farán diferentes propostas artísticas. Ás 14 horas será o turno dun xantar tipo romaría en familia e, para rematar a fin de semana, acollerase o espectáculo Habitados, de experimentadanza.
Unha xornada chea de música, gastronomía e cultura, que se encontra dentro do Sacra Festival. Así pois, respectaranse os aforos, así coma as medidas sanitarias correspondentes.