Chega unha actuación de teatro dos Bolechas a Carballedo

RibeiraSacraXa
FalaRedes 2021, a rede de dinamización lingüística, presenta no Concello de Carballedo Os bolechas fan o camiño marciano.
espectaculo butacas
12 Out 2021

O salón de actos do Concello de Carballedo acolle Os bolechas fan o camiño marciano, un espectáculo teatral participativo para nenos e nenas de 4 a 9 anos e as súas familias. Esta actuación recóllese dentro de FalaRedes 2021, a rede de dinamización lingüística.

Nel, o xogo e a diversión combínanse coa aprendizaxe da man dos coñecidos personaxes de Pepe Carreiro, Loli, Chispa, Sonia, Pili e Carlos, entre outros, que queren facer de novo o Camiño de Santiago, pero xa percorreron todas as rutas xacobeas.

A actuación levarase a cabo o vindeiro domingo 31 de outubro, ás 18 horas. Así mesmo, levaranse a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes.

bolechas fan o camiño marciano
0.084817886352539