Chega un ano máis a II ruta Valdeorras Classic
Chega no día de mañá, domingo 24 de outubro, a II ruta Valdeorras classic, organizada pola escudería de clásicos de Ourense xunto coa escudería de clásicos de Valdeorras.
A causa das medidas sanitarias, o ano pasado non se puido levar a cabo, sen embargo, este ano volve para que os participantes e os espectadores poidan gozar de vehículos clásicos, así coma dunha paisaxe incríble.
O prazo para a inscrición rematou o pasado xoves 21 de outubro. Así mesmo, hai que lembrar que o número máximo de vehículos que poden participar no evento é de 50.
Así pois, a ruta realizarase por Ribas de Sil e polo Barco de Valdeorras -polo Camiño de Inverno-. Na ruta tamén colaboran o Concello de Ribas de Sil, de Quiroga, de Vilamartin de Valdeorras e do Barco de Valdeorras.