Chega o XXIV Filandón de Músicas do Caurel

RibeiraSacraXa
Xa se presentou o programa do XXIV Filandón de Músicas do Caurel, declarado de interese turístico e cultural.
filandon musica caurel instrumentos
6 Ago 2021

Xa se presentou o programa do XXIV Filandón de Músicas do Caurel, declarado de interese turístico e cultural, que se vai celebrar na Ferrería de Seoane o día 8 de agosto.

O Filandón de Músicas do Courel nace como un foro para a posta en valor do patrimonio lírico e musical conservado e transmitido polas vellas xeracións. Os cantares antigos, rondas da serra, músicos e poetas danse cita nunha xornada histórica.

A edición deste ano está dedicada á memoria de José Rodríguez Núñez, gaiteiro de Pacios de Trala Serra, falecido recentemente.

Programa

Cantores, cantareiras, brindeiros, coplas de cego, gaiteiros, orquestras e a actuación especial de Carmen Pením, que presentará Cantos de terra e sal completan un programa no que tamén se fará entrega da Tésera de Hospitalidá a Alejandro Rubín.

A celebración completarase coa exposición de libros, discos, instrumentos populares e produtos do Courel. Así mesmo, o día 14 é posible -aínda non é seguro- que se realice unha malla ao mallo e á maquina en Noceda.

Ademais, o día 15 de agosto ás 15.30 horas inaugurarase o monumento á raíña do Filandón María Balboa Santín en Quintela d’Oencia.

Por outra beira, dende a organización sinalan que haberá control de aforo para cumprir coas normas sanitarias en vigor.

cartel folgoso caurel
0.1460120677948