Chega o CourelSon este sábado
A Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Caurel organiza para mañá, sábado 25 de setembro, un concerto enmarcado dentro do CourelSon no campo da Feira de Seoane do Courel.
Esta actuación virá a cargo de Bakin' Blues Band, banda de blues galega creada no 2008 que se encargará de amenizar e de encher de ambiente festivo a xornada. Así pois, a cita celebrarase ás 20.30 horas e será completamente gratuíta.
Por outra beira, dende a organización sinalan que se levarán a cabo as restrición de aforo e os protocolos establecidos.
Ademais, haberá postos con diferentes produtos da zona, para dar a coñecer a gastronomía local. A isto hai que unirlle o IV seminario sobre o Patrimonio Cultural que se está a levar a cabo dende o día de hoxe, adicado aos Soutos e no que colabora dita asociación mencionada anteriormente.