Chega ao Courel o XVI Campamento xuvenil de Espeleoloxía
RibeiraSacraXa
O 25+1 campamento infantil e xuvenil de espeleoloxía terá lugar este ano no Courel esta ponte de novembro.
29 Out 2021
O 25+1 campamento infantil e xuvenil de espeleoloxía terá lugar este ano no Courel (Espasante-Seoane) o vindeiro sábado 30, domingo 31 de outubro e luns 1 de novembro, onde se centralizarán as saídas tanto ás cavidades da zona, como aos roteiros guiados polo Xeoparque.
Desta maneira, a ponte virá acompañada desta cita cultural e de investigación para os máis pequenos, que está organizada por G.E.S. Club Montañeiros Celtas.
Así pois, para máis información ou para calquera dúbida pódese contactar co número de teléfono do Concello de Folgoso do Courel -982 433 001- ou polas redes sociais.