Chega á Serra do Courel o IV Campamento Galego de Espeleoloxía para veteranos
O IV Campamento de Veteranos terá lugar este ano no Acampamento O Courel (Espasante-Seoane) o vindeiro sábado 23 e domingo 24 de outubro, onde se centralizarán as saídas tanto ás cavidades da zona, como aos roteiros guiados polo Xeoparque, alternativa para aqueles veteranos federados que non desexen entrar nas covas e os acompañantes.
Levarase a cabo a VIII Gala da Espeleoloxía Galega, coa entrega de galardóns aos clubes e deportistas nomeados pola FGE que cumpriron 25 anos federados.
Para poder participar no campamento é imprescindible ter 6 anos de federado e estar en posesión da licenza do ano en curso, expedida pola FGE ou calquera outra licenza análoga de espeleoloxía recoñecida por esta (ás das federacións integradas na CEC).
Os maiores de 40 anos terán preferencia na reserva dos bungalows e cea do Camping, que se asignarán por rigurosa orde de inscripción, asignarase en principio e en función da reserva, un bungalow de 4 prazas por clube asistente, ata un máximo de 12 plazas. Os participantes que queden sen praza ou que así o desexen, poderán aloxarse na zona de acampada do camping. Os acompañantes, só poderán participar nas actividades culturais e roteiros programados.
Cada club nomeará por escrito a un deportista como delegado/a, estos datos só serán utilizados para o rexistro de participación no campamento e para a memoria final de participantes no mesmo, que remitiremos ao remate á FGE.
Para máis información ou para calquera dúbida pódese contactar no email: miguelsitjas@gmail.com. Para inscribirse é imprescindibel cubrir os anexos de declaración protocolo covid-19 que se poden descargar no seguinte enlace: Protocolo Covid