Chega a Chantada o Samaín Celta e a presentación dunha mostra fotográfica
RibeiraSacraXa
Este xoves celébranse unha serie de actividades no espazo xove Chantada: o samaín celta e a presentación dunha exposición de fotografías.
27 Oct 2021
Este xoves, 28 de outubro, celébranse unha serie de actividades no espazo xove Chantada. Por unha beira, chega o Samaín Celta a partir das 16.30 horas, cunha tarde caracterizada polo terror e chea de xogos, quebracabezas, contos, maquillaxe, disfraces... Así pois, as actividades que se realizarán son de balde e poderán participar todos aqueles nenos e nenas que o desexen.
Por outro lado, ás 19 horas realizarase a inauguración e presentación da exposición fotográfica de Asun Adá, Ollada Íntima. Esta mostra poderase visitar ata o vindeiro venres 19 de novembro no espazo xove de Chantada.
Unha xornada completa onde se unirá unha cita de medo e unha cita cultural. Así mesmo, en ambas, cumpriranse as medidas sanitarias correspondentes.