Chega a Bóveda a iniciativa Somos rural, Somos deporte
RibeiraSacraXa
Bóveda acolle unha iniciativa da Federación provincial de Apas e a Deputación de Lugo para dar visibilidade a deportes minoritarios no rural.
22 sep 2021
O Concello de Bóveda acolle unha iniciativa da Federación provincial de Apas e a Deputación de Lugo para dar visibilidade a deportes minoritarios no rural.
O programa denomínase Somos rural, somos deporte e o que se pretende é destacar e dar a coñecer que as actividades deportivas son un dos piares fundamentais e estar ligadas a hábitos de vida saudables. Así mesmo, a través do deporte foméntanse valores coma o sacrificio, a entrega, a superación e o compañerismo entre moitos outros.
A actividade realizarase o vindeiro sábado 25 de setembro de 11 a 14 horas no pavillón municipal de Bóveda. Ademais, levaranse a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes.