Charla sobre o concepto Fatiga pandémica no Ateneo de Monforte
RibeiraSacraXa
O sábado ás 12:30 horas, o Ateneo de Monforte continúa a actividade con outra charla sobre o concepto de fatiga pandémica.
28 Maio 2021
O sábado ás 12:30 horas, o Ateneo Casino de Monforte acolle unha charla sobre un concepto non tan novo como é o de Fatiga pandémica.
A psicóloga colexiada Mª Luz Vázquez Fernández analizará como se chega á fatiga pandémica e ofrecerá consellos para saír dela a través do coidado do noso corpo e das nosas emocións.
A entrada é libre con previa reserva polas limitacións sanitarias.
Para máis información ou para inscribirse pódese contactar co número de teléfono 648 435 033.