Chantada recibe un espectáculo de maxia

RibeiraSacraXa
Chega a maxia ao Concello de Chantada. Así pois, o mago Paco estará mañá mércores 25 de agosto na praza do Cantón.
mago sombreiro maxia
24 Ago 2021

Chega a maxia ao Concello de Chantada. Así pois, o mago Paco estará mañá mércores 25 de agosto na praza do Cantón para divertir a nenos e maiores nunha sesión de Maxia divertida 3.0.

A actuación realizarase ás 12 horas e nela, o mago Paco realizará unha actividade de animación á lectura a través da maxia mediante historias, contos e xogos. Desta volta mestura a risa coma elemento principal para sorprender aos máis pequenos e pequenas coas súas historias cheas de maxia.

chantada cartel maxia mago paco
0.11476397514343