Chantada puxo fin ao XI Outono Musical “Lourdes Vázquez Ledo”

Este sábado, no Auditorio Municipal de Chantada, celebrouse a clausura do XI Outono Musical “Lourdes Vázquez Ledo” coa emisión en directo do podcast “Banda FM”, centrado na Banda de Música de Chantada. A xornada contou tamén con música en directo, a voz de Antonio Serafín Ledo Palacios “O Rato” e as intervencións de Kiko Novoa.
Durante os sábados de outubro, o auditorio acolleu actuacións de grupos como Kantantibus, Arundo Donax Ensemble e a Brass Band do Conservatorio Superior de Música da Coruña, ofrecendo á veciñanza unha programación variada e de calidade.
O Concello de Chantada agradece a participación do público e a colaboración da Banda de Música de Chantada na organización destes Outonos Musicais, que consolídase como unha cita destacada na programación cultural da vila.