Chantada participa no programa Vilas en Flor

RibeiraSacraXa
Chantada participa un ano máis no programa Vilas en Flor, unha iniciativa que procura a mellora ambiental, social e económica.
xardineira planta
1 Sep 2021

Chantada participa un ano máis no programa Vilas en Flor, unha iniciativa que procura a mellora ambiental, social e económica dos concellos galegos de menos de 45.000 habitantes. Este ano chega a súa cuarta edición con cinco novos concellos participantes confirmados, aínda que a organización continúa o traballo de captación de novos candidatos.

A fundación Juana Vega é a encargada de levar a cabo un programa encamiñado á posta en valor da riqueza natural e paisaxística dos municipios galegos, na liña da mellora ambiental e da man dun deseño e xestión sustentable dos espazos verdes que contribúa á mellora da calidade de vida dos seus habitantes e favoreza a imaxe dos municipios de cara aos visitantes e turistas.

Na pasada edición, o xurado distinguiu ao concello de Chantada con catro flores de honra, un premio que compartiu co Concello de Allariz.

Así mesmo, este ano o xurado realizará visitas no último trimestre do ano, a todos os concellos participantes e decidirá que concellos son merecedores dalgunha distinción, podendo acadar cada un deles un máximo de cinco flores.

vilas en flor chantada

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15474605560303