Chantada oferta obradoiros de xerontoximnasia gratuítos

RibeiraSacraXa
Chantada ven a poñer en marcha unha vez máis, o programa de Avellentamento activo para os maiores e persoas con diversidade funcional.
ximnasia mantemento maiores 1
27 Oct 2021

Dende a Concellería de Servizos Sociais queremos informar que ó Concello de Chantada ven a poñer en marcha unha vez máis, o programa de Avellentamento activo para os maiores e persoas con diversidade funcional, co fin de favorecer a súa autonomía e mellorar a súa calidade de vida.

O programa porase en marcha en vindeiras datas e os obradoiros de xerontoximnasia serán totalmente gratuítos. Estes últimos levaranse a cabo nas casas - escolas das parroquias unha vez por semana.

Inicialmente, comezarase naquelas parroquias nas que exista máis demanda. Para solicitalos é preciso chamar ao número de teléfono de servizos sociais 982 46 22 99, en horario de luns a venres de 8.30 a 14.30 horas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19362282752991