Chantada apraza a inauguración da mostra ‘Coreografías do facer’ ata o 1 de abril

RibeiraSacraXa
Debido aos traballos de mantemento que se están realizando no edificio eclesiástico, a mostra cedida polo Museo do Pobo Galego non será visible ata vindeiras datas
coreografias-do-facer-imaxe-museo-do-pobo-galego
Imaxe da mostra 'Coreografías do facer', Museo do Pobo Galego
21 Mar 2025

A mostra ‘Coreografías do facer: imaxes do traballo feminino en Gustav Henningsen’, que tiña previsto abrir ao público en Chantada esta semana, queda aprazada ata o mes de abril, debido aos traballos de mantemento que se están realizando no edificio eclesiástico.

Cedida polo Museo do Pobo Galego, forma parte da programación do 8M organizada polo Concello de Chantada a través do Centro de Información á Muller (CIM), e será visible entre o 1 de o 20 de abril.

A exposición ofrece imaxes do traballo feminino tomadas por Gustav Henningsen, folclorista e antropólogo danés que entre os anos 1965 e 68 percorreu as vilas e aldeas galegas recompilando documentación fotográfica e oral onde as mulleres teñen un gran protagonismo.

⚙ Configurar cookies
0.84126305580139