Chantada acolle o 27 de xuño un concerto de Andrea Roberto
RibeiraSacraXa
Chantada acolle o vindeiro 27 de xuño o Festival Internacional de Guitarra da Ribeira Sacra, onde actuará Andrea Roberto.
14 Jun 2021
Chantada acolle o vindeiro 27 de xuño o Festival Internacional de Guitarra da Ribeira Sacra, onde actuará Andrea Roberto, considerado unha das novas promesas da guitarra clásica.
O concerto será ás 20:30 horas no auditorio municipal de Chantada e o prezo das entradas será de 12 euros.
Para poder asistir é preciso comprar as entradas previamente. Así mesmo, levaranse a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes.