Chandrexa de Queixa celebrará o Entroido cun gran Desfile de Folións

RibeiraSacraXa
Será o vindeiro sábado, 14 de febreiro, e contará tamén cun xantar popular
entroido-chandrexa
7 Feb 2026

Chandrexa de Queixa celebrará o Entroido o vindeiro sábado 14 de febreiro cun gran Desfile de Folións polas rúas da localidade e un xantar popular aberto ao público.

As actividades darán comezo ás 11.00 horas co desfile, no que participarán os folións de Chandrexa, Fiadeiro, A Caniceira, A Veiga, Os Viticultores, Os Labregos, O Irrio das Caldelas, Arrieiros e o Folión de Petín.

A partir das 14.30 horas celebrarase un xantar popular que estará amenizado polo trío musical D’Lider. O menú estará composto por empanada, chourizo, orella, bica, café e licor.

⚙ Configurar cookies
0.079777002334595