Chandrexa de Queixa acollerá este mércores unha charla sobre a importancia da prevención fronte ao cancro colorrectal

RibeiraSacraXa
Este obradoiro de saúde comunitaria impartirase no Centro de Saúde en horario de mañá
obradoiro-saude-chandrexa
17 Mar 2026

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras, a través do Servido de Atención ao Paciente de Castro Caldelas, organiza un obradoiro de saúde comunitaria centrado na prevención e detección do cancro colorrectal, que terá lugar o mércores 18 de marzo ás 11:30 horas no Centro de Saúde de Chandrexa de Queixa.

A actividade consistirá nunha charla informativa na que se abordará a relevancia deste tipo de cancro, a importancia da prevención, a detección temperá e os programas de cribado dispoñibles.

Dende o área sanitaria animan á veciñanza a participar e a compartir esta información, lembrando que a prevención e a información tamén son saúde.

0.13661789894104