Centos de ciclistas participaron esta fin de semana na Ribeira Sacra MTB
RibeiraSacraXa | OurenseXa
A proba contou cun percorrido de 67 quilómetros e percorreu os concellos de Esgos, Pereiro de Aguiar, Xunqueira de Espadanedo, Parada de Sil e Nogueira de Ramuín

Imaxe da proba MTB Ribeira Sacra 2025 ao seu paso por Esgos
2 Jun 2025
Os amantes da bicicleta de montaña viviron esta fin de semana unha emocionante cita con este deporte grazas á Ribeira Sacra MTB, unha proba por etapas que percorreu entre o venres e o domingo os concellos de Nogueira de Ramuín, Esgos, Pereiro de Aguiar, Xunqueira de Espadanedo e Parada de Sil.
A proba contou cun total de 67 quilómetros a través das paisaxes de parte da Ribeira Sacra Ourensá, consolidándose como un evento de referencia deste deporte na provincia.