Celebrouse a primeira sesión de 'Encontros no rural. Diálogo de saberes' no Museo Pazo de Tor

RibeiraSacraXa
Celebrouse a primeira sesión de 'Encontros no rural. Diálogo de saberes' no Museo Pazo de Tor
Encontros Museo Pazo Tor
1 Feb 2023

O Museo Pazo de Tor organizou a primeira sesión do ciclo "Encontros no rural. Diálogo de saberes", no que profesionais da xestión cultural e creadores e creadoras de distintos ámbitos artísticos dialogaron no Pazo de Tor sobre a relación entre cultura e sostibilidade.

O deputado Efrén Castro asistiu a esta primeira sesión na que estivo tamén a poeta Yolanda Castaño, que nesta última quincena fixo unha residencia artística no Pazo de Tor, o escritor Antón Lopo, a comisaria e investigadora en artes visuais Anxela Caramés ou Uxío Novo e Branca Novoneyra, da Fundación Uxío Novoneyra.

Outros dos participantes foron Alberto García, Ruth Sousa, Isabel Fernández, Fátima Teixeiro, Ana Nemesis, Alexandra Rodríguez Rey, María Gar, Eva Antelo, Carmen Porteiro, Blanca de la Torre, Sergio Lago, María Rojas, Juan Ignacio Márquez, Angeles Miguelez, Tar Villaesteva, Noelia Rodríguez e Encarna Lago.

O coloquio será recollido nun caderno de bitácora e un podcast que estará dispoñible na web da Comunidade da Rede Museística Provincial de Lugo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17551016807556