Castiñeira pide a Tomé que fagan das contas da Deputación "os orzamentos da veciñenza"

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Castiñeira: “Pedimos a Tomé que sexa valente para facer das contas da Deputación para 2023 os orzamentos da veciñanza e dos concellos”
Balado Coidados Porta A Porta pleno deputacion
10 Nov 2022

"O grupo provincial do PP vai intentar que as contas da Deputación para o ano 2023 sexan os orzamentos dos concellos e da veciñanza, nun ano no que a institución provincial disporá de 110 millóns de euros. Aínda sen coñecer o proxecto das contas para o ano que vén, do que os populares só saben o que adiantou o presidente José Tomé no Parlamento, teñen claro que a cooperación cos concellos vía Plan Único non pode manterse no mesmo nivel que en anos anteriores, debido á inflación e a suba dos prezos; polo mesmo motivo, teñen que ser os orzamentos da veciñanza", apunta o portavoz popular, Javier Castiñeira.

Castiñeira sinala: “Dende o grupo provincial do PP pedimos ao señor Tomé que sexa valente á hora de elaborar os orzamentos; entendemos que estes deben ser os orzamentos da veciñanza, é dicir, dos 330.000 veciños da nosa provincia. Da veciñanza e do territorio, porque deben estar tamén pactados cos concellos. Da veciñanza porque débense traballar estes orzamentos da man da sociedade civil e non facelo dende os despachos de San Marcos, como se veu facendo estes últimos anos”.

Os populares consideran que os do 2023 “non poden ser os orzamentos de Tomé nin dos votantes do PSOE e do BNG, que apenas representan un terzo da poboación da provincia; as contas do 2023 non poden ser un copia e pega doutros anos, nin absolutamente electorais, como demostra diariamente a maquinaria propagandística do bipartito”.

Castiñeira explica: “Sabemos que Tomé non quere falar co grupo máis votado, que é o do PP; sabemos que  aínda non falou tampouco cos representantes dos traballadores nin temos constancia de que o fixera cos representantes da sociedade civil. Pedimos ao bipartito un esforzo e que vaia máis aló do meramente político, para que a Deputación xogue un papel principal na recuperación da provincia”. Engade: “Non se pode falar de orzamentos participativos só cando se elaboran  os programas electorais do Partido Socialista e do BNG, que é o que fan estes dous partidos cada vez que chegan ás institucións: moitas  palabras bonitas nos programas electorais, pero poucos feitos despois nas institucións”.

0.20100784301758