Case 300 familias da Pobra do Brollón contan con fibra óptica para ter acceso a Internet grazas a Adamo
Adamo traballa na Pobra do Brollón desde hai semanas para establecer as primeiras conexións de fibra óptica no concello, onde hai 1.550 habitantes divididos en 118 núcleos de poboación.
Desde Adamo defenden que "a fibra óptica é de vital importancia en calquera lugar, pero máis aínda en localidades pequenas, rurais e que presentan unha elevada diseminación das vivendas entre si, como é o caso da Pobra do Brollón".
Tras comezar os traballos en abril, 73 familias da Pobra do Brollón xa puideron acceder a Internet ultrarrápido, de ata 1.000 Mb, o mes pasado; e a elas uníronse máis de 200 vivendas nestes primeiros días de maio para sumar un total próximo a 300 familias da Pobra do Brollón que acceden a fibra óptica por primeira vez. Residentes, por certo, en áreas do municipio que carecían de conexión a Internet en pleno ano 2023.
Así llo trasladou David Chairo, responsable do operador en Galicia, ao rexedor do concello, Xosé Lois Maceda, a quen explicou os detalles sobre o novo equipamento e como marchan as operacións nun encontro celebrado a semana pasada.
O alcalde, ademais de celebrar o aceso da fibra óptica en varias zonas da Pobra do Brollón, impulsou o desenvolvemento da infraestrutura tanto concedendo os permisos pertinentes con axilidade como facilitando en todo momento o labor dos técnicos.