Carlos Blanco chega este xoves a Monforte coa súa función ‘A Penúltima’

RibeiraSacraXa
Trátase dun monólogo escrito, dirixido e interpretado polo propio Blanco
a-penultima-carlos-blanco
25 Mar 2026

O programa cultural do Concello de Monforte continúa mañá no Edificio Multiusos coa representación do espectáculo ‘A Penúltima’, do actor galego Carlos Blanco. A función comezará ás 20.15 horas e a billetrtería abrirá desde as 19.00 horas. As entradas teñen un prezo de 5 euros para o público xeral e 3 euros para desempregados, xubilados e estudantes.

Trátase dun monólogo escrito, dirixido e interpretado polo propio Blanco, cunha escenografía de son e iluminación a cargo de Dani Juncal, que se presenta como un “espectáculo de imaxes, historias novas e vellas pero sempre coas risas aseguradas. 70 minutos breves, divertidos, sanadores e imprescindibles”.

Esta cita en Monforte forma parte da Rede Galega de Teatro e Auditorios e antecede outras funcións programadas no Multiusos nas próximas semanas, entre elas “Amalia y el río, historia de una estraperlista” de Teatro Guirigai, o 23 de abril ás 20.15 horas, e “Berenguela na gaiola” de Galeatro Producións Escénicas, o 26 de abril ás 18.00 horas, dirixida ao público infantil.

0.15008282661438