Carballedo organiza un Bingo Solidario o próximo 4 de xaneiro

O próximo domingo 4 de xaneiro, o Concello de Carballedo organiza unha xornada especial dirixida a veciños e veciñas de todas as idades, que contará cun bingo solidario e coa esperada visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente.
A programación comezará con dúas sesións de bingo solidario, ás 18:00 e ás 18:30 horas, cuxos beneficios se destinarán á Asociación Chantada Contra o Cancro.
Ás 19:00 horas, os Reis Magos visitarán primeiro a Residencia de Maiores e despois o Concello de Carballedo, para compartir coas familias e manter viva a maxia do Nadal.