Carballedo impulsa un programa para promover a lectura entre os maiores

O Concello de Carballedo pon en marcha o programa gratuíto “Ler e Ganar”, un espazo de lectura e debate destinado a persoas maiores. Esta iniciativa, financiada pola Xunta de Galicia, busca fomentar a reflexión, o intercambio de experiencias e o benestar a través da lectura.
O programa dará comezo o 18 de febreiro e desenvolverase un mércores cada 15 días, en horario de 11:00 a 13:00 horas.As persoas interesadas poden inscribirse chamando ao 982 46 62 01.