Carballedo aproba as axudas á natalidade de 2026

O Concello de Carballedo aprobou unha nova convocatoria de axudas á natalidade destinada a apoiar ás familias e contribuír á fixación de poboación no ámbito rural. A iniciativa establece unha cantidade de 1.000 euros por cada neno ou nena nacido ou adoptado entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 31 de decembro de 2026.
Para poder acceder á axuda, é necesario que polo menos un dos proxenitores estea empadroado no Concello cun mínimo dun ano de antelación e que a residencia habitual se manteña en Carballedo. Ademais, as familias beneficiarias deberán comprometerse a manter o empadroamento no municipio durante catro anos.
As solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello, e o prazo para facelo será de catro meses desde a publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.