Bóveda será o escenario do proxecto Interritmos Sons do Rural
Este próximo venres día 29 de outubro, a partir das 18.30 horas, a praza da Filgueira (detrás da casa do concello) no Concello de Bóveda será o escenario dunhas xornadas e concertos do proxecto Interritmos Sons do Rural.
Este proxecto, promovido por GDR Ribeira Sacra - Courel, GDR Salnés-Ulla-Umia e Asociación Deloa, conta cunha xornada de encaixes e coprotagonismo da música tradicional ou de raíz nos espazos de festa. Así pois, a relatora desta actividade será Susana Seivane e a moderadora, Marga Pazos.
Por outra beira, tamén se poderá gozar das actuacións do grupo de gaitas o Recanto de Quiroga e da banda folk de Ribas de Sil 3-0. Ademais, o aforo será limitado polo que é preciso inscribirse previamente indicando nome, apelidos, DNI e teléfono no email info@ribeirasacracourel.es.