Bóveda reivindica á pioneira do libro electrónico cunha mostra sobre Dona Angelita

RibeiraSacraXa
O Centro Sociocultural acolle ata o 8 de agosto unha exposición que afonda na figura desta inventora esquecida
Boveda-Centro-Sociocultural
Inauguración da mostra '10X3' na Casa da Cultura de Bóveda
26 Jul 2025

Ata o vindeiro 8 de agosto, o Centro Sociocultural de Bóveda ofrece a posibilidade de coñecer de preto a figura de Ángela Ruiz Robles, coñecida como Dona Angelita, a mestra e inventora galega que ideou xa nos anos 40 a chamada Enciclopedia Mecánica, considerada hoxe un precedente do libro electrónico.

A exposición leva por título "Da Enciclopedia Mecánica de Dona Angelita, precursora do libro electrónico", e permite achegarse a un invento visionario que pretendía facilitar a aprendizaxe do alumnado a través dun dispositivo lixeiro, interactivo e reutilizable, moi afastado das ferramentas educativas da súa época.

A mostra, aberta ao público durante todo o horario de funcionamento do centro, convida a reflexionar sobre o papel das mulleres na innovación tecnolóxica e educativa, así como a recuperar a memoria dunha figura que durante décadas permaneceu invisibilizada a pesar da relevancia das súas achegas.

⚙ Configurar cookies
0.59390091896057