Bóveda presenta o seu Outono Cultural
O Concello de Bóveda dá a coñecer a programación do Outono Cultural deste ano con diversas actividades para todos os públicos.
Así pois, as xornadas comezarán o domingo 24 de outubro a partir das 18.30 horas coa actuación Cantando as nosas letras do cantautor Xoan Curiel. O artista fonsagradino vén de sacar un novo disco o pasado mes de marzo, Treides Comigo, un traballo no que puxo música a varias cantigas medievais de trobadores galegos.
O sábado 13 de novembro, pola súa parte, realizarase un circuíto de teatro afeccionado dentro do programa Ciclo Gargalladas da Deputación de Lugo, o Grupo de Teatro Os Trocos de Castro de Rei, que presenta Por un puñado de Grelos de Guillermo Cancelo. A cita celebrarase a partir das 18.30 horas.
Para rematar, o sábado 27 de novembro, ás 17 horas, FalaRedes 2021, a rede de dinamización lingüística, presenta Os bolechas fan o camiño marciano.
As actuacións e actividades deste Outono Cultural celebraranse no centro sociocultural de Bóveda e levaranse a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes.