Bóveda organiza o obradoiro de memoria ActivaMente
RibeiraSacraXa
El ayuntamiento de Bóveda organiza ActivaMENTE, un obradoiro de memoria a través de nuevas tecnologías que empezará el viernes 5 de abril.
29 Mar 2022
O Concello de Bóveda organiza por segunda vez ActivaMente, un obradoiro de memoria a través das novas tecnoloxías. Este está dirixido a persoas maiores de 55 anos ou con necesidades de estimulación cognitiva.
Así pois, a actividade comezará o vindeiro venres 5 de abril de 11 a 12.30 horas no Centro Sociocultural de Bóveda e estenderase durante o segundo trimestre do ano.
Hai que lembrar que se trata dunha actividade gratuíta e con prazas limitadas, polo que é preciso inscribirse chamando ao 982 426 177 en horario de 10.00 a 14.00 horas.