Bóveda lembra a Castelao con actividades durante todo o mes de xaneiro

RibeiraSacraXa
O obxectivo das actividades é poñer en valor a vida e obra do autor, especialmente entre os máis pequenos do concello
castelao
21 Jan 2025

A Delegación de Cultura do Concello de Bóveda organiza, durante este mes de xaneiro, unha serie de actividades culturais dedicadas a Alfonso Rodríguez Castelao, co obxectivo de poñer en valor a vida e obra deste autor e intelectual galego.

Así, ata este xoves poderá visitarse unha exposición sobre o autor no Centro Sociocultural. Ademais, ata o 30 de xaneiro, terá lugar na ocioteca o obradoiro ‘Intervención Infantil Pop Art “Cousas” de Castelao’, en horario de 16.30 a 18.30 horas.

Ademais, o 30 de xaneiro, celebrarase o ‘Día da Ilustración’, cun obradoiro de arxila branca para os alumnos e alumnas dende infantil ata terceiro ciclo de primaria do CEIP Rosalía de Castro.

0.14498591423035