Bóveda entrega os premios do III Concurso de Poesía

RibeiraSacraXa
Na categoría de adultos, o galardón foi para Adrián Casanova, de Monforte, mentres que na categoría B, destinada a participantes de entre 9 e 13 anos, o premio recaeu en Manuel Martínez, veciño de Bóveda
premios-concurso-poesia-nadal-boveda
29 Dec 2025

O Concello de Bóveda entregou os premios do III Concurso de Poesía, cuxo tema nesta edición xirou arredor do medo, o terror, o Samaín, os magostos e as crenzas galegas relacionadas cos defuntos.

Na categoría de adultos, o galardón foi para Adrián Casanova, de Monforte, mentres que na categoría B, destinada a participantes de entre 9 e 13 anos, o premio recaeu en Manuel Martínez, de Bóveda. As outras dúas categorías, sinalan desde o consistorio, quedaron desertas.

Os gañadores recibiron un lote de libros como premio, que poderán canxear nunha libraría local. A concelleira Cristina Juiz foi a encargada de entregar os diplomas de participación e os vales para a adquisición dos libros.

⚙ Configurar cookies
0.081000089645386